Deputación de Lugo

O Presidente recibe en San Marcos aos tenentes coroneis da Garda Civil Julio Javier González Chas e Carlos Freire Veiga

Garda Civil

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este xoves no Pazo de San Marcos ao novo tenente coronel da Garda Civil de Lugo, Julio Javier González Chas, e ao tenente coronel Carlos Freire Veiga, que pasou á reserva. O mandatario provincial agradeceu o traballo, a accesibilidade e a boa disposición de Freire durante máis de dúas décadas na Comandancia de Lugo. Así mesmo, o mandatario provincial felicitou a González Chas pola súa nova responsabilidade, que xa está exercendo, e ambos amosaron a vontade de colaboración e compromiso coa provincia nesta nova etapa.