Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Gandeirías do Valadouro, Muras, Ourol Viveiro, Cervo, Xermade e Guitiriz entre as premiadas no concurso morfolóxico de Pura Raza Galega na Feira do Poldro e Gando do Monte de Muras

A Feira do Poldro e do Gando de Monte que se celebrou esta fin de semana na Gañidoira, co apoio de Medio Rural da Deputación de Lugo,  amosou un ano máis o avance no traballo de conservación, mellora e fomento do cabalo de Pura Raza Galega, que ven desenvolvendo a asociación de criadores e criadoras Puraga.

No marco deste evento, que recolle  a tradición gandeira de Muras, celebrou o Concurso Morfolóxico de Pura Raza Galega, con galardóns nas categoría de sementais, eguas e poldros de menos de tres anos, no que resultaron premiadas gandeirías de Muras, O Valadouro, Viveiro, Ourol, Cervo, Xermade ou Guitiriz, entre outras do resto de Galiza.

A deputada de Medio Rural Mónica Freire trasladou os parabéns aos gañadores e gañadoras do certame, que desenvolven unha labor fundamental na conservación da raza e dos sistemas tradicionais de cría no monte, que teñen un gran valor ambiental, social e cultural".