Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación reafirma o apoio á AECC e á investigación oncolóxica no Día da Cuestación

José Tomé Roca
AECC
Mesa de cuestación AECC

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, achegouse este xoves á mesa informativa e de cuestación que instalou na Praza de San Marcos a Asociación Española Contra o Cancro (AECC), con motivo da celebración anual do Día da Cuestación. Na visita, o mandatario provincial destacou a importancia da solidariedade cidadá para continuar avanzando na investigación, na atención ás persoas enfermas e na prevención do cancro. Tamén puxo en valor o esforzo do voluntariado e o compromiso da sociedade na loita contra esta enfermidade. O obxectivo da campaña deste ano é acadar un 70 % de supervivencia no cancro para o ano 2030, un reto ambicioso que só será posible coa implicación de todas e todos. A Asociación anima a colaborar a través das tradicionais huchas físicas, das doazóns en liña ou creando unha hucha dixital en mihucha.contraelcancer.es. Tamén é posible facer achegas a través da web dona.contraelcancer.es ou mediante Bizum co código 11244. A Deputación colabora coa AECC de Lugo cunha achega económica de 8.000 euros ao ano.