Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Medio Rural amosa a expertos europeos iniciativas vinculadas ao sector agrogandeiro da Terra Chá

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
medio rural
CONGRESO INTERNACIONAL DE EXTENSION RURAL EUROPEA
GRANXA GRIXEIRA
RELEVO XENERACIONAL
A visita forma parte do programa de campo do Congreso Internacional de Extensión Rural Europea, que conta co apoio da área provincial

Lugo, 25 de xuño de 2022.- No marco do apoio que a área de Medio Rural da Deputación de Lugo prestou á organización do 11º Congreso Internacional de Extensión Rural Europea, que se celebra en Lugo desde este martes, un grupo de expertos en asesoramento de Portugal, Alemania, Austria, Irlanda, Holanda, Finlandia e Bulgaria participaron nunha xornada técnica centrada en coñecer distintos proxectos e iniciativas vinculadas ao sector agrogandeiro na comarca da Terra Chá.

Concretamente, o grupo, no que tamén viaxaron asesores rurais galegos, visitou o Centro de Recría Gayoso Castro e a Granxa Experimental de Leite da Deputación de Lugo en Castro Ribeiras de Lea, a empresa Innogando de Abadín, especializada no desenvolvemento de aplicacións e programas para monitorizar a saúde dos animais das ganderías,  Quescrem Innolact, firma adicada á transformación do leite e a creación de produtos lácteos innovadores, e a Granxa Grixeira, no Arneiro, en Cospeito, con 150 vacas en produción e 250 hectáreas de terreo. Os seus donos  incorporáronse á actividade en 2018 e son exemplo de relevo xeneracional no sector.

A área dirixida por Mónica Freire achegou 3.500 á organización do Congreso, no que tamén se realizaron itinerarios para coñecer o tecido produtivo primario doutras comarcas da provincia como a Montaña e as Terras de Lemos.