Deputación de Lugo
Formación

A Deputación de Lugo participa na entrega dos diplomas da UNED Sénior de Lugo

UNED

O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, participou este xoves na entrega de diplomas aos alumnos e alumnas que cursaron formacións da UNED Sénior de Lugo. Un acto que acolleu o Salón de Actos da UNED de Lugo, en Tolda da Castela, e no que tamén participaron a directora do Centro Asociado á UNED en Lugo, Ana Belén Traseira, e a profesora da UNED Sénior de inglés, María Soledad Fernández López.

García Pernas felicitou ao alumnado polas “ganas de seguir aprendendo” e pola súa “dedicación, constancia e esforzo”, que vén recompensados rematando a súa formación. O Deputado subliñou o apoio que está a prestar a institución provincial á UNED cunha achega total de preto de 300.000 euros anuais para o funcionamento do centro e a posta en marcha de diferentes proxectos cos que o seu alumnado pode ampliar a formación. A Deputación foi a entidade que financiou a construción das instalacións da Universidade de Educación a Distancia en Lugo, saldando así unha débeda histórica, pois ata ese momento era a única capital de provincia de Galicia sen sede.