PROGRAMA "DA ESCOLA Á GRANXA"
De acordo co previsto nas bases da convocatoria a presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos seguintes anexos normalizados:
Outra documentación a presentar:
- Copia dos Estatutos da entidade, inscritos no Rexistro de asociación correspondente.
- Copia do NIF da Asociación.
- Certificación acreditativa do nomeamento do/a representante da ANPA.
- Copia do DNI do/a representante da ANPA.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Deputación de Lugo.
Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:
https://sede.deputacionlugo.org/opencms/system/modules/sede/index
A continuación, prema:
SUBVENCIÓNS > SUBVENCIÓNS CONCORRENCIA > ALTA DE SOLITUDE
De se producir presentación presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
IMPORTANTE: toda a documentación deberá presentarse en formato PDF.
Así mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á formulación da solicitude deberá presentarse no mesmo expediente que se iniciou para a súa tramitación.
Para acceder ao mesmo deberá seguir os seguintes pasos:
- Acceder e identificarse na sede electrónica da Deputación
- Entrar en "Carpeta ciudadana"
- Os meus expedientes
- Incorporar documentación
Para calquera dúbida ou aclaración, pode contactar a través do número de telefóno 982 26 00 67 de 09.00 a 14.30 horas.
OFERTA FORMATIVA
Nesta ligazón podes acceder ao catálogo coa oferta formativa do Programa
CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS EN RÉXIME DE CONCORRENCIA "O QUE NON ARDE"
MODELOS |
---|
|
RESOLUCIÓNS |
---|
|