LUGO SERÁ A FIN DE SEMANA A CAPITAL DO RURAL GALEGO COA CELEBRACIÓN DE EXPOLUGO

A cidade de Lugo será este fin de semana a capital do rural galego coa celebración de Expolugo A Rural, a feira agrogandeira e a máis tradicional do calendario do Pazo de Feiras e Congresos, que retorna case á normalidade con un dos eventos máis significativos do seu calendario. A súa presentación tivo lugar esta mañá na Deputación de Lugo, coa deputada de Medio Rural, Mar e Mocidade, Mónica Freire, acompañada polo xerente do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, Rubén López.
López sinalou que "Este fin de semana se completa un evento importante, dentro do calendario da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo, con Expolugo A Rural, a feira máis tradicional, coa que Lugo convírtese na capital do rural de Galicia, grazas en gran parte ao apoio e á colaboración da Deputación de Lugo, a través de Medio Rural".
O pazo recupera case por completo a normalidade, o que permitirá acoller nesta feira agrogandeira unha mostra de animais vivos, moitos dos cales particioparán no tradicional desfile de exemplares de razas autóctonas polas principais rúas da cidade. Estarán representados o cabalo de pura raza galega, porco celta, galiña de Mos, ovella e cabra galega e exemplares da raza rubia gallega, pertencentes a gandeiros da Asociación de Criadores de Raza Rubia Gallega, ACRUGA; unha asociación que terá un papel especial nesta feira, xa que conta con varias actividades paralelas, entre as que destacan o concurso-exposición de gando; o VI Memorial Luciano Sánchez; ou a entrega de diplomas aos gandeiros que completaron os cursos de xuíces, entre outras.
Pola súa banda, a deputada de Medio Rural, Mónica Freire, mostrou a súa satisfaccion pola recuperación da feira "como escaparate para a promoción dos produtos agrogandeiros despois de que se suspendese na pasada edición" e sinalou o papel
protagonista das asociacións e gandeiras e gandeiros no programa da mostra, agradecendo " o seu compromiso inequívoco co agro e co rural, apostando por producións de calidade e modelos extensivos que fomentan o desenvolvemento económico e social e contribúen a frear a hemorraxia demográfica de moitas zonas do interior e de montaña".
O programa desta feira, que estará aberta o sábado e o domingo, en horario continuo de 11.00 a 21.00 horas e con entrada gartuíta, se completará con presentacións de produtos e novidades do secor; con xornadas técnicas a cargo de Acruga e cunha degustación de produtos de calidade, a cargo de reputados cociñeiros lucenses.