Deputación de Lugo
Turismo

Dúas asociacións de Baamonde e Xermade descobren a Ribeira Sacra co programa Coñece a túa provincia

Coñece a túa Provincia
Coñece a túa provincia

A Deputación de Lugo puxo en marcha esta semana o programa Coñece a túa provincia que permite a asociacións da provincia coñecer outras zonas da xeografía lucense con viaxes gratuítas. Este mércores foi a quenda do Centro Recreativo Cultural e Deportivo de Baamonde, que comezou a visita no Centro de Produción Audiovisual da Deputación para despois visitar o Canón do Sil dende un dos miradoiros e percorrer, no servizo provincial de catamaráns, o Río Sil. Tamén viaxaron ao sur da provincia integrantes da asociación de mulleres rurais Amuraxe, de Xermade, para descubrir os concellos de Chantada e Belesar. Neste caso a viaxe arrancou cunha visita ao Centro de Interpretación Terras do Miño. Nesta primeira tempada,  beneficiaranse do programa Coñece a túa provincia máis de 1.200 persoas de 62 asociacións e
colectivos lucenses ata o vindeiro 10 de novembro.