Deputación de Lugo
Parque móbil

A Deputación mobiliza 96 operarios e 50 quitaneves e vehículos para despexar de neve e xeo as estradas

neve
O dispositivo traballa en máis de 120 estradas dunha vintena de concellos da Montaña, A Chaira e a zona sur da provincia. Chegáronse a acumular espesores de entre 10 e 15 centímetros

A Deputación de Lugo mantén despregado dende as 7.00 h. deste xoves un dispositivo composto por 96 operarios e 50 quitaneves e vehículos para garantir a seguridade e atender as incidencias durante o temporal de neve e acumulación de xeo producido nas últimas horas. 

O dispostivo traballa en máis de 120 estradas que discorren por unha vintena de municipios da Montaña, A Chaira e a zona sur da provincia. Nestas vías transítase con dificultade polas intensas nevadas das últimas horas, que chegaron a provocar espesores de entre 10 e 15 centímetros, ademais de placas de xeo.

As estradas afectadas discorren polos seguintes concellos: A Fonsagrada, Baleira, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Quiroga, Ribas de Sil, O Incio,  Samos, Triacastela, Muras, Vilalba, Ourol e Taboada.

O dispositivo de seguridade mobilizado pola Deputación está formado por 96 operarios, 20 máquinas quitaneves con saleiro, 16 pickup con saleiro e cuña quitaneves, e 12 vehículos todoterreo de apoio.

Os 12 silos de sal da Deputación dispoñen de 35 toneladas cada un para conseguir desfacer as placas de xeo que hai no firme e favorecer así a seguridade dos usuarios das vías. 

As estradas afectadas son as seguintes:

- Baleira: LU-P- O401, de Corveira, por Corneas a Restelo; LU-P- 0405, de Fonteo a Lastra; LU-P-0407, de Fontaneira por Vilar Dos Adrios. 

- Becerreá: LU-P-0704, de Cereixal por Penamaiorá escola de Alta Montaña; LU-P-0707, de Armesto por Tores a As Nogais; LU-P-0708, de Cereixal a Louxas; LU-P-6221, de Triacastela polo Alto de Albela a Guilfrei; LU-P-0702, da estrada de Becerreá a Navia, por San Román de Cervantes a Degrada.

- Folgoso do Courel: LU-P- 1301, de Seoane do Courel a Pedrafita; LU-P-1303, de Seoane por Visuña a Ferramulín;LU-P-1304, de Mostad por Romeor a Casares; LU-P-1305, de Campa por Vilar a Alto do Boi; LU-P-1306, da LU-651, en Megoxe a HerreríadoIncio; LU-P-4501, de Poio, por Louzarelae Teixeira á estrada de Samos a Caurel eo acceso a Meiraos; LU-P_4701, da Pobra do Brollón, por Parada dos Montes; LU-P-4505, do Poio por Louzarela a Teixeira; LU-P-5004, “de Cruz de Outeiro por Seara a Ferramulín; LU-P-5601, de Samos a Caurel e Rampa a Santa Mariña. Todas con cadeas.

- A Fonsagrada: as 23 estradas provinciais ao seu paso polo concello. Todas con cadeas. 

- Cervantes: LU-P-1401, de LU-723, por Degrada ePiornedoao límite provincial; LU-P-1404, de San Román a Quindós;LU-P-1405, de Campa da Braña a tres obispos; LU-P-1411, de Vilanova a Portelo; LU-P-1412, de Quindos a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos;LU-P-0702, de San Román de Cervantes a Degrada; LU-P-1401,de Doiras a Piornedo ao límite provincial;LU-P-1402,de San Martiño da Ribeira por Quindous a Vilaquinte;LU-P-1403, de Vilanova a Santa María;LU-P-1404, de San Román a Quindous; LU-P-1406, dos Prados a Trabado; LU-P-1407, de Bolois a Vilanova; LU-P-1408, de Fonquente a Noceda; LU-P-1409, de Quindous por Vilar a Robledo;LU-P-1410, de San Martiño da Ribeira por Couso a LU-P-1404; LU-P-1411, de Vilanova por Vilapún a Vilaspasantes;LU-P-1412, de Pena do Santo a Setecarballos; LU-P-3505, de Navia por Vilaquinte a Donís; LU-P-4504, de Pedafritaa Portelo. Todas con cadeas. 

- O Incio:LU-P-2505, deFoilebar, por Lamarredonda a Aira Padrón;LU-P-1306, de Megoxe a Herrería do Incio;LU-P-2501, de San Amaro por Rubián de Cima a Cervela;LU-P-2502, de Polvoreiro a Ferradal;LU-P-2503, do Incio a Foleibar ata aLU-P5603:LU-P-2504, de Cortellas a Cabanas;LU-P-2505,  de Foilebar a Lamarredonda por Aira a Padrón; LU-P-4706, de Pacios de Veiga por Canedo a Santa Cruz do Incio;LU-P-5711, da LU-642 por San Martiño de Loureiro ao Val do Mao e Souto; eLU-P-2507, de Saa por Cereixido a Freixo. 

- Navia de Suarna:LU-P-3501, de Paradela ao Alto do Restelo;LU-P-3502, de Muñis a Rao; LU-P-3508, de Rao por Murias a Balouta; LU-P-3505, de Navia por Silvouta;LU-P-3509, de Navia ao alto de Labiadas;LU-P-1901, de Fonsagrada a Navia; LU-P-3503, de Silvouta por Vallo a Vilor; LU-P-3509, de Navia por Virigo ao Alto de Labiadas;LU-P-3511, de Mosteiro a Pacio; LU-P-3512, da Cancela da Serra por Son a LU-722.  

- Negueira de Muñiz:LU-P-3601 “De Acebo a Negueira de Muñiz” 3602 “Del Acebo a Negueira por Ouviaña a Asturias” Cadenas.

- As Nogais: LU-P-3701, das Nogais, por PintinidoiraáLU-P-4504; LU-P-4503, de San Pedro, por Busnullan eVilasol a Nullan;LU-P-0707, de Armesto a Tores por As Nogais;LU-P-3702, das Nogais por Nullán a Lamas. 

- Pedrafita do Cebreiro:LU-P-4504, de Pedrafita ao Portelo;LU-P-4503, de San Pedro por Busnullán a Nullán;LU-P-4505, de Louzarela por Queixadoiro a Filloval; LU-P-1301, de Seoane polo Hospital e Ramais a Piñeira, Lousada e Vilela;LU-P-1304, de Mostade por Romeor a Casares; LU-P-4501, de Poio por Louzarela ao acceso a Meiraos;LU-P-4502,  de Pacios a Seixos. Todas con cadeas. 

- Quiroga:LU-P-500, de Ponte Barreiro a Vilarbacú;LU-P-5004, de Cruz de Outeiro, por Seara eFerramulínao límite provincial; LU-P-5002, de Quiroga por Parteme a Vilar de Lor; LU-P-5005, de Alto de Aldriz a Vilar de Lor. 

- Ribas de Sil: LU-P-5301, de San Clodioao alto da Cruz. 

- Ribeira de Piquín: LU-P- 1906, de Pedrafitelas, por Vilares aos Cangos; LU-P- 4606, de Rioxuan, por Boel, Chao de Pousadoiro e Carballido a Asturias.Todas con cadeas.

- Samos:LU-P-5603, de Aira Padrón, por Ponte de Louzar a Praducelo; LU-P- 5601, de Samos a Caurel eRampade Santa Mariña;LU-P-1306, de Megoxe a Herrería do Incio; LU-P-5605, de Parada, por Santalla a Ponte Louzara; LU-P-1306, de Megoxe por Seceda a Ferreira do Incio;LU-P-2503, do Incio por Foilebar a LU-P-5603;LU-P-2507, de Saa por Cereixido a Freixo;LU-P-5602, de Samos por Pintín a Sarria;LU-P-5604, de Santalla a Ponte Louzara. Todas con cadeas.

- Triacastela: LU-P-3702,dasNogais, por Nullán a Lamas; LU-P- 6201, de Triacastela, por Alto da Albela a Guilfrei;LU-P-0706, de Guilfrei por Meizarán a Lamas; LU-P-4505, de Louzarela por Queixadoiro a Fillovial. 

- Muras: LU-P-3804, de Besar por Soutacho a Viveiro; LU-P-6602, de Ruanova, por Sixto a Muras.

- Vilalba: LU-P-6506, de Ponte de Saa por Ladra a A Parrocha; LU-P-6502, de Vilalba por A Balsa a Chavín. 

- Ourol: LU-P-3804, de Belsar por Soutochao a Viveiro; LU-P-6602, de Ruabova por Sixto a Muras; LU-P-6502, de Vilalba por A Balsa a Chavín. 

- Taboada: LU-P-6001, de Taboada por Ada a Mundín; e LU-P-6002, de Ramil a Rodeiro.