Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación destaca a necesidade de adaptar a oferta turística ao mundo dixital no Foro de Intelixencia Turística da Mariña Lucense

mancomunidade da mariña

A Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro, participou este xoves na Casa da Cultura de Foz na inauguración do Foro de Intelixencia Turística da Mariña Lucense, organizado pola Mancomunidade e que se centrou en mellorar a competitividade e promoción do xeodestino e adaptalo ao mundo dixital.

María Loureiro puxo en valor a necesidade de dirixir “a nosa oferta turística no mundo dixital para posicionarnos como destino competitivo, trazar unha estratexia común e camiñar xuntos para obter resultados certeiros para A Mariña. E nese camiño vai estar sempre a Deputación”.