Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación apoia o enoturismo na Ribeira Sacra na 38ª Feira do Viño de Chantada

Feira do Viño
Chantada
Pilar García Porto
A Deputaciónn de Lugo apoia o enoturismo na Ribeira Sacra na 38ª Feira do Viño de Chantada

A Deputada da Área de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto,asistiu este domingo á 38ª Feira do Viño de Chantada coa que colabora a Deputación de Lugo para impulsar o sector vitivinícolada Ribeira Sacra e o turismo na provincia. Nesta cita enoturística á que acudiron miles de persoas,e que o ano pasado comercializou unhas 16.000 botellas, participaron 14 bodegas da zona para promocionar e vender os seus mellores viños durante os tres días de celebración. Como novidade, este ano contouco I Túnel do Viño dirixido aprofesionais do sector para degustar os caldos da Ribeira Sacra. A Feira do Viño de Chantada abre o calendario de eventos de exaltación do viño no sur da provincia de Lugo.