Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación corta a LU-P-2009 en Foz por importantes danos ocasionados por un camión nun paso elevado

estradas provinciais
Foz
A Deputación corta a LU-P-2009 en Foz por importantes danos ocasionados por un camión nun paso elevado

A Deputación de Lugo cortou, a última hora da tarde deste venres, a estrada LU-P-2009 en Foz tras os importantes danos producidos nun paso elevado polo choque dun camión. O vehículo excedía, coa carga que transportaba –un tractor-, a altura permitida e danou a estrutura da ponte. Os técnicos do servizo provincial de Xestión Territorial avaliarán mañá sábado o estado da infraestrutura que une o embarcadoiro do municipio coa vía que vai a Ferreira, a fin de determinar a duración do peche da estrada e da ponte, así como o procedemento para acometer os traballos de reparación.