A Área de Deportes colabora coa III Carreira Campus Terra Leyma
Lugo, 11 de febreiro de 2020.- Este martes presentouse a III Edición da Carreira Popular Campus Terra Leyma, un evento deportivo organizado desde o Servizo de Deportes da Universidade de Santiago de Compostela, e que conta coa colaboración da Área de Deportes da Deputación.
Durante a presentación o Deputado de deportes destacou que “o deporte é un vínculo para crear sinerxías, e esta carreira é un bo exemplo. Sinerxías no espazo Galiza-Norte de Portugal, grazas á colaboración entre Universidades, un camiño que temos que fomentar e sinerxías solidarias co apoio na loita contra o Narcotráfico”.
Esta Carreira Popular celebrárase o vindeiro 1 de marzo e contará con 4 distancias, desde os 150 metros para os Pitufos ata os 7.400 metros na categoría de Adultos. O obxectivo da carreira é inculcar hábitos saudables entre os membros da comunidade universitaria e o resto dos cidadáns. Tamén dar a coñecer o Campus Terra e proxectalo como un espazo de encontro entre as seis universidade do noroeste da Peninsula Ibérica, as tres galegas e as tres do norte de Portugal (Minho, Porto e Tras Os Montes e Alto Douro). A III Carreira Campus Terra Leyma celebrarase o 1 de marzo e tamén é a VII Carreira Galaico-Durriense contra a Droga, e parte do recadado coas inscricións dos Adultos destinarase á Fundación Galega contra o Narcotráfico.