Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación organiza o martes unha xornada de portas abertas no Centro de Atención a Maiores da Fonsagrada

Residencias
Fonsagrada
Residencia Fonsagrada
O Presidente participará neste encontro para que a veciñanza coñeza en primeira persoa as instalacións e os servizos que ofrece esta dotación social que a institución provincial prevé abrir o vindeiro mes

A Deputación de Lugo organiza para o vindeiro martes, día 14 de xaneiro, unha xornada de portas abertas no Centro de Atención a Maiores da Fonsagrada, co obxectivo de que a veciñanza do municipio e da comarca poida coñecer en primeira persoa as instalacións e os servizos que ofrece esta dotación social que a institución provincial prevé abrir o vindeiro mes.

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, xunto co Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, e o Alcalde da Fonsagrada, Carlos López, participarán neste encontro cos veciños e veciñas, e farán un percorrido polas diferentes dependencias do centro. 

A xornada desenvolverase entre as 12.00 e as 13.30 horas, e faranse grupos pequenos para poder explicar de forma pormenorizada como está deseñado o centro, os servizos que se ofertarán e as actividades que están previstas desenvolver en cada unha das dependencias.