Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación adxudica con 200.000 euros o acondicionamento de dúas estradas que comunican Sarria e Samos

Sarria
Samos
infraestruturas
Imaxe deputación de lugo
Son a LU-P-5602, que vai de Samos a Sarria por Pintín; e a LU-P-5702, de Pedrafita a Vilanova de San Vicente de Froián por Sabadelle; ambas as dúas eixos fundamentais para as comunicacións dos veciños da comarca. Os traballos de mellora comezarán nas vindeiras semanas

Na LU-P-5602, acondicionarase un treito de 2 quilómetros. Con estas obras beneficiaranse preto de 300 veciños das parroquias de Calvor, Aguiada e San Mamede do Camiño

Na LU-P-5702, melloraranse 2,6 quilómetros desta estrada que comunica os Concellos de Samos e Sarria. Esta vía conecta cos núcleos rurais de O Mato, Santo Estevo, San Vicente de Froián, Suñide e Teibilide, nos que viven preto de 300 persoas

O Goberno da Deputación aprobou en Xunta de Goberno a adxudicación dos traballos de mellora de 5 quilómetros en 2 estradas provinciais que comunican os municipios de Sarria e Samos, por un importe de 200.000 euros. Son a LU-P-5602, que vai de Samos a Sarria por Pintín; e a LU-P-5702, de Pedrafita a Vilanova de San Vicente de Froián por Sabadelle; ambas as dúas eixos fundamentais para as comunicacións dos veciños da comarca.

Na  LU-P-5602, que pasa polas parroquias de Calvor, Aguiada e San Mamede do Camiño, melloraranse un treito de 2 quilómetros, dende o punto quilométrico 15,5 ata o 17,5, engádense as xa executadas con 173.000 euros entre os puntos 11,8 e 15,4. Coa realización destes traballos, beneficiaranse preto de 300 veciños da zona e peregrinos, posto que se atopa no Camiño Francés.

Na LU-P-5702, acondicionaranse 2,6 quilómetros desta estrada que comunica os Concellos de Sarria e Samos e conecta con máis de 5 núcleos rurais nos que viven 300 persoas. Estas son: O Mato, Santo Estevo, San Vicente de Froián, Suñide e Teibilide.

Os traballos, que comezarán nas vindeiras semanas, consistirán nas mellora do firme con aglomerado en quente, limpeza de cunetas, e o incremento da seguridade vial coa renovación da sinalización vertical e o repintado da horizontal.