Menu toggle
Medio Rural e do Mar, Mocidade

Ovellas pacendo. Área de Medio Rural, Mar e Mocidade

Gandaría de ovino As Sabugueiras SC (Riotorto)

O obxectivo da área de Medio Rural da Deputación é o fomento do desenvolvemento económico e social e a planificación do territorio provincial, a través da promoción dos sectores agrícolagandeiroforestal pesqueiro, como sectores estratéxicos da economía da provincia, pois son xeradores de oportunidades de emprego que redundan na fixación de poboación nas zonas rurais

transformacióncomercializaciónpromoción e posta en valor dos produtos do sector primario, con calidade diferenciada debe ser un dos obxectivos estratéxicos da área.

O fin último é o de propiciar as condicións óptimas para que se produza unha fixación real de poboación no noso rural. Por tanto, fomentarase a implantación de políticas efectivas de desenvolvemento rural nas que sexa a veciñanza quen nos traslade as súas demandas e necesidades, de xeito que se poidan garantir un xeito de vida digno e sostible no tempo desde un punto de vista social, económico e medio ambiental. Fomentarase a creación das condicións necesarias no noso rural para ese asentamento ou incorporación de xente nova á actividade agrogandeira.

Liñas estratéxicas da área de Medio Rural, Mar e Mocidade:

  • Mellora da competitividade das granxas e explotacións agrogandeiras, forestais e pesqueiras; dos seus produtos e dos seus respectivos transformados ou elaborados.
  • Apoio á sustentabilidade, diversificación e multifuncionalidade dos sectores agrario, gandeiro, forestal e pesqueiro.
  •  Promoción da diversificación económica, da rehabilitación e consolidación dos amentados sectores, e da mellora da calidade de vida nas zonas rurais.
  • Mellora da xestión das terras por medio da ordenación de usos, a redución da superficie abandonada e a ampliación da dimensión territorial das explotacións.