MORENAS 2026
CONVOCATORIA E BASES QUE CANALIZARÁN AS SUBVENCIÓNS, EN RÉXIME ABREVIADO DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA A PRESERVACIÓN DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS (BOVINAS, OVINAS E CAPRINAS) EN RISCO DE EROSIÓN XENÉTICA, NAS EXPLOTACIÓNS DA PROVINCIA DE LUGO, PROGRAMA “MORENAS”, ANUALIDADE 2026
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas, físicas ou xurídicas, titulares de explotacións gandeiras da provincia de Lugo, nas que se cumpran algún dos seguintes requisitos:
Que conten con femias de calquera das razas autóctonas bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa, nacidas na propia explotación no ano 2025, inscritas no Libro Xenealóxico da raza correspondente, con proxenitores inscritos no Rexistro Definitivo (RD).
Que conten con machos ou femias das razas autóctonas Ovella Galega e/ou Cabra Galega, nacidos na propia explotación no ano 2025, inscritos no correspondente Libro Xenealóxico.
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 21 de maio ata o 4 de xuño (ambos incluídos)
As solicitudes deberán conter a seguinte documentación:
1.- Anexo I (Solicitude) (Descargar aquí)
2.- Anexo II (Só no caso de persoas xurídicas) (Descargar aquí)
3.-Copia do DNI da persoa solicitante solicitante, agás no suposto de que a solicitude sexa presentada por medios telemáticos e conste a sinatura electrónica de aquela.
4.-Copia do NIF da entidade solicitante, no caso de tratarse dunha persoa xurídica.
5.- Copia do censo da explotación, emitido pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia en calquera data do ano en curso, acreditativa de que a explotación do/da solicitante está inscrita no REGA.
6.- Anexo III (Emitido por BOAGA). (Descargar aquí)
7.- Anexo IV. (Descargar aquí)
8.- Documento bancario co número de conta para o pagamento
IMPORTANTE
No caso das persoas físicas, poderán elixir entre a presentación electrónica, consonte ao establecido no parágrafo anterior, e a presencial, na Oficina de Asistencia en Materia de Rexistros da Deputación de Lugo, sita na rúa San Marcos, 8, de Lugo, ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da LPACAP.
En ambos supostos (persoas xurídicas e persoas físicas), cando sexa un terceiro o que presenta a solicitude a través de medios electrónicos, esta deberá ir acompañada, ademais dun poder notarial ou ben dun documento privado, asinado electronicamente por el e pola persoa poderdante, no que se faga constar a vontade de autorizar á persoa apoderada para que actúe no seu nome, de forma electrónica, ante as Administracións Públicas.
Asemade, nestes supostos, os anexos terán que estar asinados electronicamente polo/s titular/es da explotación que solicita a subvención.
Para calquera dúbida ou aclaración, pode contactar a través do número de telefóno 982 260 067 de 09.00 a 14.30 horas.