PUBLICACIÓN DA CONCESIÓN
Para os efectos oportunos, publícase a listaxe de premios do procedemento de concorrencia competitiva para a concesión de premios para deportistas individuais da provincia de Lugo, disciplina automobilismo, especialidade rally de asfalto, terra ou montaña na anualidade 2020, por acordo da Xunta de Goberno da Deputación de Lugo, en sesión ordinaria celebrada o día 18 de decembro de 2020, e que se reflicten na listaxe que se achega
Publicación concesión premios deportistas automobilismo 2020
________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________
De acordo co previsto nas bases da convocatoria a presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Lugo http://www.deputacionlugo.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Deputación de Lugo.
Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:
https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede
Ou tamén a través do seguinte enlace:
https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do
De se producir presentación presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Prazo para a presentación de solicitudes: 10 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP de Lugo. (BOP Núm.235 do mércores, 14 de outubro de 2020), polo tanto o prazo remata o 28 de outubro de 2020.
Cada deportista só poderá presentar una única solicitude (Anexo I) e optar a un único premio, independentemente do número de modalidades deportivas que practique.
Documentación que debe presentar:
Copia do NIF do interesado/a (no caso de ser menor de idade na data de solicitude deberán achegar tamén a copia do NIF do pai/nai/titor/a e asinar esta persoa todos os anexos).
Certificado orixinal de empadroamento do/da solicitante no concello da provincia de Lugo correspondente, no que deberá constar de forma expresa a data do seu empadroamento, co fin de verificar o requisito da base Segunda A.1 (antigüidade ininterrompida, polo menos, dende o 1 de xaneiro do 2019).
Documento bancario acreditativo de conta bancaria, no que necesariamente figurará o/a deportista solicitante como titular e con data de expedición actualizada.
DOCUMENTACIÓN DE CARÁCTER DEPORTIVO PARA A VALORACIÓN DA SOLICITUDE:
NOTA: Ha de terse en conta que a cada premio concedido seralle de aplicación a respectiva retención de IRPF.
Información: 982 260 148 e 982 260 271