Menu toggle
Deportes

De acordo co previsto nas bases da convocatoria a presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Lugo http://www.deputacionlugo.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Deputación de Lugo.

 

Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:

 

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede

 

  • Sede electrónica
  • Tramites xerais
  • Presentación de escritos
  • Alta de solicitude

De se producir presentación presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

 

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, a contar a partir do día seguinte da publicación no BOP de Lugo do extracto da convocatoria (BOP Núm. 216 do sábado, 19 de setembro 2020), polo tanto o prazo remata o 25 de setembro de 2020.

Bases

Documentación que debe presentar:

  • Anexo 1

  • Anexo 2

  • Anexo 3

  • Anexo 4

  • Anexo 5

  • Certificación da respectiva federación da correspondente disciplina deportiva das seguintes circunstancias, referidas á temporada deportiva 2019-2020

  • Proxecto e memoria completa e detallada da actividade deportiva e competitiva programada.

  • Copia do NIF do representante legal da entidade

  • Copia do NIF da entidade

  • Copia dos estatutos da entidade, inscritos no rexistro de asociación/entidades correspondente. No caso de telos presentados con anterioridade, deberá achegar certificado actualizado do secretario da entidade de que non se produciran modificacións desde a data da súa presentación. (Anexo IV)

  • Copia de certificado de inscrición no respectivo rexistro de entidades deportivas da Xunta de Galicia, no que conste o domicilio social do club ou copia de documento acreditativo análogo expedido pola delegación ou xefatura territorial competente, á data actual de publicación no BOP.

  • Certificados de estaren ao corrente no cumprimento das obrigas coa Axencia Tributaria Estatal, Facenda da Xunta de Galicia, coa Seguridade Social e o Servizo de Recadación Provincial, impostas polas disposicións vixentes.

Extracto convocatoria

 

Información: 982 260 063

Axenda Deportes e Mocidade