Menu toggle
Deportes

PUBLICACIÓN DA CONCESIÓN

Para os efectos oportunos, publícase a listaxe de premios do procedemento de concorrencia competitiva para a concesión de premios para deportistas individuais da provincia de Lugo, na anualidade 2020, por acordo da Xunta de Goberno da Deputación de Lugo, en sesión ordinaria celebrada o día 30 de decembro de 2020, e que se reflicten na listaxe que se achega

Publicación concesión premios deportistas 2020

______________________________________________________________________________________________________________________

 

De acordo co previsto nas bases da convocatoria a presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Lugo http://www.deputacionlugo.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Deputación de Lugo.

 

Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:

 

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede

 

  • Sede electrónica
  • Tramites xerais
  • Presentación de escritos
  • Alta de solicitude

Ou tamén a través do seguinte enlace:

 

https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do

 

De se producir presentación presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, a contar a partir do día seguinte da publicación no BOP de Lugo do extracto da convocatoria (BOP Núm. 222 do sábado, 26 de setembro 2020), polo tanto o prazo remata o 09 de outubro de 2020.

Prazos

Bases

Documentación que debe presentar:

  • Anexo I
  • Anexo II
  • Anexo III
  • Copia do DNI do interesado/a (no caso de ser menor de idade na data de solicitude deberán achegar tamén a copia do DNI do pai/nai/titot/a e asinar esta persoa todos os anexos)
  • Certificado orixinal de empadroamento do/da solicitante no concello da provincia de Lugo correspondente, no que deberá constar de forma expresa a data do seu empadroamento, co fin de verificar o requisito da base Segunda A.1 (antigüidade ininterrompida, polo menos, dende o 1 de xaneiro do 2019)
  • Documento bancario acreditativo de conta bancaria, no que necesariamente figurará o deportista solicitante como titular e con data de expedición actualizada

Extracto convocatoria

 

NOTA: Ha de terse en conta que a cada premio concedido seralle de aplicación a respectiva retención de IRPF.

 

Información: 982 260 262 e 982 260 148

 

Axenda Deportes e Mocidade