Menu toggle
Audiovisuais

claqueta

FILM OFFICE


A Deputación traballa para coverter Lugo nun plató de rodaxe co obxectivo de que a produción cinematográfica e audiovisual sexa un instrumento de promoción da provincia e dos seus valores materiais e inmetariais e contrubúa á creación de riqueza e emprego

A Lugo Film Office é unha oficina de asesoramento na busca de localizacións e de apoio loxístico en todo o relativo á prepodución, rodaxe e gravación na provincia lucense de calaquera produción cinematográfica ou audiovisual nacional ou internacional.

Lugo ten unha ampla variedade paisaxística, desde A Mariña ata a Montaña pasando pola Ribeira Sacra. Conta ademais cun rico patrimonio cultural e etnográfico, ao que hai que sumar á súa diversidade climática. Todo isto converte esta provincia nun destino ideal para rodaxes e gravacións de cine, televisión e publicidade.

A Lugo Film Office pon a disposción do sector unha ampla base de datos con posibles localizacións, froito dun exhaustivo traballo de campo, de arquivo fotográfico e de video, e coordenadas GPS, así como unha recompilación de informacion de establecementos hoteleiros ou de hostalería, entre outros, que se actualizan de xeito continuo nos 67 Concellos da provincia. Tamén asesora nas localizacións específicas que se precisen para cada proxecto concreto e tramita todos os permisos necesarios para levar a cabo as rodaxes.

https://www.youtube.com/playlist?list=PL4pRTNxg7M8quH87vmgA4ESIicNU_TVgK