Centro formación

 

CENTRO DE FORMACIÓN

O Centro de Formación Audiovisual do SdeA da Deputación de Lugo imparte formación regrada e non regrada relacionada co eido audiovisual e a promoción do uso das novas tecnoloxías.

Conta cun centro privado autorizado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (código de centro: 27020756) para impartir ensinanzas de formación profesional de grao superior dos ciclos de Produción de Audiovisuais e Espectáculos e Realización de Proxectos Audiovisuais.

Iniciou o seu funcionamento no curso 2003/2004. Desde o curso 2007/08 a Deputación de Lugo mantén a gratuidade da matrícula dentro da súa aposta por unha educación de calidade á que poidan acceder en igualdade de oportunidades todos os lucenses interesados en formarse na rama audiovisual.

O CFA tamén inclúe Maiores 3.0 destinado aos lucenses da provincia de máis de 55 anos. O seu obxectivo é promover o uso das novas tecnoloxías como ferrameta para mellorar a calidade de vida e o benestar dos maiores con actividades que estimulen as súas habilidades mentais e físicas.

Os destinatarios do Centro de Formación Audiovisual son, na formación regrada, os solicitantes que reúnan os requisitos establecidos pola normativa, e na non regrada, alumnos, exalumnos e maiores. Neste caso, os criterios de selección son os que se determinen na correspondente convocatoria.

 

A sede do Centro de Formación Audiovisual está na rúa Frai Plácido Rei Lemos, xunto ao parque Rosalía de Castro da capital da provincia. O inmoble forma parte da historia de Lugo, xa que na súa orixe funcionou como orfanato. Na actualidade conserva a súa fachada orixinal.