PROMOCIÓN DA CULTURA

A cultura é un dos piares da nosa sociedade e o Servizo de Audiovisuais traballou a prol da súa difusión, elaborando documentais, por exemplo, sobre o Aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade, difundindo as actividades da Rede Museística da Deputación ou facéndose eco de citas musicais de repercusión internacional, como o Resurrection Fest en Viveiro, ou outras que naceron con grande éxito, como o Caudal Fest en Lugo.

Accede á listaxe de reprodución de videos promocionais da Cultura Lucense