Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Daniel García inaugurou as xornadas Ciencia na aldea, un encontro de divulgación científica que se celebra durante a fin de semana en Negueira de Muñiz

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
RURAL
DANIEL GARCÍA FERNÁNDEZ
ASOCIACIÓN CORRIPA
DIVULGACIÓN

O deputado Daniel García inaugurou esta tarde as Xornadas de Desenvolvemento Rural Ciencia na aldea, que se celebran desde hoxe ata o domingo no ecomuseo El País del Abeyeiro, en Negueira de Muñiz.

A área de Rural, Mar e Mocidade e a Asociación Corripa organizan o encontro que reúne unha ampla nómina de investigadoras e científicos de diferentes ámbitos, desde o estudo dos insectos ata a neurobioloxía, a astrofísica ou a seguridade alimentaria, así como xornalistas e divulgadores científicos de referencia no ámbito estatal e en Portugal.

Daniel García deu a benvida a ponentes e persoas asistentes, que cubriron todas as prazas dispoñibles, e puxo en valor o propósito de “achegar a ciencia ao rural” das xornadas que so, explicou,  “unha boa mostra da capacidade das persoas que viven no rural para abrir novas vías polas que avanzar de cara a revitalización social e económica da súa contorna”.