Deputación de Lugo

O Presidente apoia a campaña de recadación de fondos da Asociación Española Contra o Cancro

Asociación Española Contra o Cancro
O Pazo de San Marcos

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, visitaron este xoves a mesa informativa e de cuestación que instalou na Praza de San Marcos do Pazo de San Marcos a Asociación Española Contra o Cancro (AECC). O obxectivo desta iniciativa enmárcase nunha campaña dirixida á sensibilizar e a recadar fondos para apoiar aos doentes e ás súas familias, e para a investigación desta enfermidade. No conxunto da cidade de Lugo despregáronse 21 mesas nas que participaron máis de 100 persoas voluntarias. Ademais, manteñen aberta unha vía de colaboración online (https://mihucha.contraelcancer.es/) e a través de bizum no 06492. A Deputación colabora coa AECC de Lugo cunha achega económica de 8.000 euros ao ano.