Cultura
Deputación de Lugo

A Capela de Santa María abre o I ciclo de Concertos Medievais Lugo de Trovas e Cantigas, organizado pola Vicepresidencia da Deputación

Salterios
CENTRAD
MÚSICA MEDIEVAL
Ciclo Concertos Medievais

A Capela de Santa María acolleu este mércores o primeiro concerto do ciclo de Concertos Medievais Lugo de Trovas e Cantigos, que organiza a Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Trátase dun programa que inclúe catro concertos en emprazamentos singulares e simbólicos desta etapa histórica na provincia que se desenvolverán nos vindeiros meses. A artista Begoña Olavide e o luthier Carlos Paniagua foron os encargados de poñer son e historia aos salterios medievais.