Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación participa no BeerFest de Portomarín, capital da cervexa artesanal co apoio da institución

BeerFest Portomarín
Portomarín

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este sábado no BeerFest de Portomarín. A cita, que converte estes días ao concello na capital da cervexa artesanal, conta cunha aportación económica da Deputación de Lugo de 2.500€. Valorou García Porto que “este tipo de iniciativas encaixan á perfección co modelo de turismo que defendemos desde a institución provincial: un turismo de calidade, sostible, de experiencias e proximidade”. Desde onte e ata mañá, os visitantes poderán catar as cervexas dun total de 11 firmas de toda Galicia, España e outros países como Grecia e Inglaterra. Entre as marcas de cervexa que contan con representación en Portomarín: Seven Island, Verdant, Beak, Alealé, Attik, Caleya, Espiga e Garage, Pyrene, Rec Brew e Sanfrutos.