Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo leva á poxa de Seone do Courel tres xovencas de Raza Rubia Galega da Granxa Gayoso

ACRUGA
Seoane do Courel

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, participou este sábado na poxa de xovencas de raza Rubia Galega celebrada no recinto feiral de Seoane do Courel. A Deputación de Lugo levou tres exemplares procedentes do centro de recría da Granxa Gaioso Castro á cita gandeira, que concentrou a un bo número de gandeiros e gandeiras da provincia, do resto de Galicia e doutras comunidades, como Asturias ou Castela. O prezo medio dos animais foi de 2.300€. O máis elevado ascendeu a 2.400€.