Menu toggle
Medioambiente

CONVOCATORIA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ENTIDADES ASOCIATIVAS SEN ÁNIMO DE LUCRO DAS RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E OS ANCARES LUCENSES PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTUACIÓNS DE POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO NATURAL, CULTURAL E PAISAXÍSTICO DESTES TERRITORIOS NA ANUALIDADE 2022

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo en sesión celebrada o 8 de abril de 2022, acordou a aprobación das bases da convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións destinadas a entidades asociativas sen ánimo de lucro das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses para o desenvolvemento de actuacións de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios na anualidade 2022.

Presentación de solicitudes

De acordo co previsto nas bases da convocatoria, as solicitudes formularanse de xeito electrónico, dirixidas ao Presidente de Deputación de Lugo, nos modelos oficiais xunto coa documentación que sexa preciso achegar, a través da Sede Electrónica da Deputación Provincial de Lugo, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1. da LPACAP.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, a contar a partir do día seguinte da publicación no BOP da provincia de Lugo do extracto da convocatoria (BOP núm. 087 do 18/04/2022). É dicir, o prazo está aberto dende o MARTES 19/04/2022 ata o LUNS 02/05/2022 (ámbolos días inclusive).

Para presentar a documentación (en PDF) na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede

  • Sede electrónica
  • Subvencións
  • Subvencións concorrencia
  • Alta de solicitude

Así mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude.

Para acceder a expediente deberá seguir os seguintes pasos:

  • Acceder e identificarse na sede electrónica da Deputación
  • Entrar en "O meu cartafol"
  • Os meus expedientes
  • Incorporar documentación

Para máis información:

Teléfono: 982 227 813

E-mails: terrasdomino@deputacionlugo.org

            ancareslucenses@deputacionlugo.org

Bases da convocatoria, modelos de solicitude e de xustificación e outra documentación de interese:

  • Bases da convocatoria
  • Modelos para a solicitude:
    • Anexo I: Solicitude. Formato pdf editable (prema, descargue e garde). Formato .odt
    • Anexo II: Certificado da secretaría da entidadeFormato pdf editable (prema, descargue e garde). Formato .odt
    • Anexo III: Solicitude autorización subcontrataciónFormato pdf editable (prema, descargue e garde). Formato .odt
    • Outra documentación que debe presentar:
      • - Copia do NIF da entidade

        - Copia do DNI do/a representante da entidade

        - Copia do DNI do/a secretario/a da entidade

        - Copia dos estatutos da entidade, inscritos no rexistro de asociacións correspondente

        - No caso de solicitarse subvencións de importe igual ou superior a 3.000,00 €, e sempre que non se autorizase a súa solicitude por parte da Deputación Provincial, deberán achegarse os certificados de estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social expedidos pola Axencia Estatal da Administración Tributaria, á Axencia Tributaria de Galicia, á Tesouraría Xeral da Seguridade Social e o Servizo de Recadación Provincial.

        - Proxecto descritivo e valorado economicamente da actuación a subvencionar, datado e asinado debidamente polo representante da entidade. No proxecto deberase xustificar adecuadamente as liñas do Plan de Acción da Reserva da Biosfera ás que se contribúe ao seu cumprimento coas actuacións previstas.

        - Orzamento de ingresos e gastos da actividade, cadrado, datado e debidamente asinado polo representante da entidade.

        En ningún caso os ingresos poden superar os gastos. Deberá ter en conta que, polo menos, o 5% do proxecto subvencionado, deberá ser financiado pola propia entidade beneficiaria. Debe de coincidir co indicado no Anexo I.

  • Plan de Acción da Reserva da Biosfera Terras do Miño
  • Plan de Acción da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá

Axenda Medioambiente, Medio Rural e do Mar