Menu toggle
Medioambiente

A VI edición do Concurso de Fotografía nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, ten como fío condutor para este ano 2019: “AS NOSAS ÁRBORES”. Con esta temática pretendése poñer en valor, dar a coñecer e festexar o patrimonio natural das nosas Reservas da Biosfera, unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento destes territorios.

Bases

Anexo II

Declaración responsable

Reunidos o día 12 de decembro de 2019, ás 10:30 horas, nas oficinas do Servizo de Medio Ambiente, en Santo Domingo 6-8 en Lugo, co gallo da resolución do VI Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses promovido polo Servizo de Medio Ambiente da Deputación para o ano 2019, os membros do xurado foron nomeados por Resolución da Presidencia de data 11 de decembro de 2019:

•             Sra. Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo: Dª María del Pilar García Porto, en substitución do Presidente da Deputación de Lugo.

•             Técnico do Servizo de Medio Ambiente: D. Luis J. Fernández Reija (Xefe do Servizo de Medio Ambiente).

•             Técnico do Servizo de Audiovisuais: D. Adrián Fernández del Moral.

•             Técnico do órgano xestor das Reservas da Biosfera: Dª. Andrea Macho Benito (Técnico de Xestión Medioambiental da Deputación de Lugo).

•             Gañador da V Edición do Concurso Fotográfico: D. Diego López Villar.

Este xurado, encargado de valorar os criterios esixidos nas bases do VI Concurso Fotográfico, considerou que as tres mellores fotografías e, polo tanto, ás que se lles deben outorgar os tres premios son as seguintes:

PRIMEIRO PREMIO:

Título: “AS ÁRBORES, O CORAZÓN DAS NOSAS RESERVAS”

A D. Javier Cabana Soengas, a cantidade de 800,00 €.

Foto 1º Premio

SEGUNDO PREMIO:

Título: “MONUMENTO NATURAL”

A Dª. Carmen Uzquiano Sánchez, a cantidade de 500,00 €.

Foto 2º Premio

TERCEIRO PREMIO:

Título: “GREEN”

A Dª. María Limeres Toresano, a cantidade de 300,00 €.

Foto 3º premio