Deputación de Lugo
Medio ambiente

A Deputación de Lugo organiza novas actividades divulgativas en torno á Reserva dos Ancares Lucenses

Medio Ambiente
Cartel actividades medio ambiente
O programa estádirixido a todos os públicos e inclúe entre este mes e o de abril obradoiros de cociña creativa e vimbio, contos, xogose cursos de poda e de primeiros auxilios

As inscricións faranse por orde de reserva ata cubrir os límites de aforo permitidos en cada local e adaptándose ás pautas que marquen as autoridades sanitarias en cada momento. As persoas interesadas poden anotarse en www.deputacionlugo.gal, inscricions.deputacionlugo.org ou a und.medioambiente@deputacion.org

A Deputación de Lugo organizou unha nova programación de actividades de divulgación e educación ambiental sobre a Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, Montes de Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá, un territorio xestionado pola propia institución provincial.

As xornadas, que arrancan este xoves, levaranse a cabo durante as últimas semanas dos meses de marzo e abril en distintos puntos dos concellos que conforman a Reserva –Cervantes, Navia e Becerreá-, sempre respectando as limitacións de aforo segundo as restricións marcadas polas autoridades sanitarias en cada momento. 

Todas aquelas persoas interesadas en anotarse para participar nalgunha das actividades poderán reservar a súa praza na páxina web www.deputacionlugo.gal ou inscricions.deputacionlugo.org; e tamén a través do correo electrónico und.medioambiente@deputacion.org. Para obter máis información poden chamar ao teléfono 982.30.59.30. As inscricións faranse por rigorosa orde de reserva, e ata completar o aforo permitido en cada instalación segundo permitan as autoridades sanitarias. 

 

Programación

O programa está dirixido a todos os públicos e inclúe obradoiros de cociña creativa e vimbio, contos, xogos e cursos de poda e de primeiros auxilios.

Becerreá
-    29 de marzo: Cociña creativa con produtos da Montaña. Esta actividade consiste en empregar a creatividade elaborando diferentes pratos de cociña con produtos da comarca da Montaña lucense. Actividade dirixida a adultos, no Centro Social de Becerreá de 16.00h a 20.00h. Teléfono para inscricións: 982.360.704.

-    29, 30, 31 de marzo: Obradoiro de vimbio. Estas xornadas traen de volta os oficios tradicionais, como a elaboración de produtos de vimbio. Actividade orientada a nenos e nenas, no Centro Social de Becerreá en horario de 10.00h a 14.00h. Teléfono para inscricións: 982.360.704.

Navia de Suarna
-    18, 20, 24 de marzo e 24 de abril: Curso de poda e enxerto de árbores frutais. Este obradoiro iniciará aos participantes na poda e enxerto de árbores frutais. Orientado a adultos, na Escola de Barcia entre as 10.00h e 14.00h. Teléfono para inscricións: 982.365.166.

-    27 de marzo: Contacontos. Tardiñas de contacontos e xogos para toda a familia ao aire libre na Praza da Vila de Navia de Suarna, ás 17.00h. Teléfono para inscricións: 659.991.400.

Cervantes
-    26 de marzo: Curso de primeiros auxilios. Celebrarase un curso de iniciación a primeiros auxilios para adultos. Realizarase no Edificio de Servizos Múltiples, en horario de 16.00h a 21.00h. Teléfono para realizar a inscrición: 982.364.904.

-    26 de marzo: Contos e xogos. Esta actividade ofrecerá contacontos e xogos orientados a toda a familia. Terán lugar no CPI de Cervantes ás 10.00h.