Deputación de Lugo
Formación

A Deputación achega 12.000€ para unha nova edición do máster en Dirección de Persoas Paulo Fabio

Formación
O Presidente da institución provincial e o presidente da Fundación Campus Universitario de Lugo renovaron o acordo de colaboración para o financiamento dos gastos derivados dos estudos de posgrao

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o secretario da Fundación Campus Universitario de Lugo, Jaime Luis López Vázquez, renovaron este xoves no Pazo de San Marcos o acordo a través do que a institución provincial achega 12.000€ para o financiamento dos gastos derivados dunha nova edición do máster en Dirección de Persoas Paulo Fabio. 

O Presidente sinalou que a Deputación colabora con organización destes estudos de posgrao porque “cremos que a educación é o mellor investimento de futuro. Seguiremos na nosa liña de promover Lugo como un destino universitario”.

O máster Paulo Fabio realízase na Escola de Relacións Laborais e trátase dunha formación para dotar ao alumnado das competencias en Dirección de Recursos Humanos, dirixida especialmente a titulados universitarios e alumnos matriculados en 3º Grado que queiran rematar os seus estudos, ademais de co seu titulo de grao, con este máster.

Os estudos, que se desenvolverán entre o vindeiro mes de outubro e xuño de 2021, conta con dúas modalidades, semipresencial ou online, de 575 e 500 horas de duración, respectivamente.

O prazo de matrícula estará aberto entre o 1 e o 30 de setembro. A presentación de solicitudes pode facerse na secretaría ou na web da Escola de Relacións Laborais