Cultura
Deputación de Lugo

Actividade en Reque polo Día da Terra

CENTRAD
LUGAR DE REQUE
PERMACULTURA
EFRÉN CASTRO

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro recibiu esta tarde en Reque aos participantes nas actividades organizadas polo Escola Politécnica Superior de Enxeñería da USC polo Día da Terra, que puideron coñecer o proxecto permacultural que a Vicepresidencia da Deputación está a desenvolver neste espazo público, con formacións teóricas e prácticas e actividades lúdicas.

A visita deu continuidade á conferencia sobre permacultura que se celebrou previamente na EPSE,  a cargo do permacultor e divulgador Alexandre Grande que presentou alí a segunda edición do libro “Permacultura: unha caixa de ferramentas para deseñar un mundo mellor”.

Ademais da conferencia e visita guiada, nestes días a  Vicepresidencia entregará a todas as bibliotecas da provincia, un exemplar da referida publicación  que ofrece unha visión global da permacultura e  que abrangue historia, referentes, trazos característicos, ferramentas de deseño e recursos para un mundo mellor, incluíndo a presentación de proxectos galegos baseados nos principios permaculturais e que nos propoñen respostas reais e viables a crise ecolóxica e sistémica mundial.

Lugar de Reque