Deputación de Lugo
Infraestruturas

Arrancan os desbroces nas estradas da Deputación de Lugo

José Tomé Roca
estradas provinciais
Plan de desbroce
Desbroces estradas
Tal e como avanzou o Presidente, responsable de Xestión Territorial, os traballos comezaron á primeira hora deste luns de maneira simultánea en todas as zonas da rede viaria

A roza nos 4.200 quilómetros de estradas provinciais estará rematada a finais de xullo

Tal e como avanzou o Presidente da Deputación, José Tomé Roca, responsable da área de Xestión Territorial, á primeira hora deste luns, 1 de xuño, arrancaron os traballos de desbroce das estradas provinciais de maneira simultánea en todas as zonas nas que está dividida a rede viaria de titularidade da institución, que, con máis de 4.200 quilómetros, é a máis extensa de España e tres veces maior que a da Xunta en Lugo.

As tarefas, que comezan por primeira vez en moitos anos a primeiros de xuño, estarán rematadas a finais do mes que vén.

A roza das estradas da Deputación, que conta este ano cun orzamento de 750.000€,mellorará a seguridade viaria e a calidade e comodidade dos condutores, ademais de contribuír a prevención de incendios durante o verán.

As tarefas divídense en 24 zonas de actuación que inclúen todas as vías provinciais:
- Zona 1: O Vicedo, Viveiro, Xove e Ourol.
- Zona 2: Burela, Cervo, Foz, O Valadouro e Alfoz.
- Zona 3: Muras, Xermade e Vilalba.
- Zona 4: Barreiros, Ribadeo, Trabada e Lourenzá.
- Zona 5: Mondoñedo e Abadín.
- Zona 6: A Pontenova, Riotorto e A Pastoriza.
- Zona 7: Cospeito, Rábade, Outeiro de Rei, Guitiriz e Begonte.
- Zona 8: Castro de Rei, Pol e Meira.
- Zona 9: Lugo e Guntín.
- Zona 10: Castroverde e O Corgo.
- Zona 11: Friol.
- Zona 12: Baleira, Baralla e Láncara.
- Zona 13: Ribeira de Piquín e A Fonsagrada.
- Zona 14: Negueira de Muñiz e Navia de Suarna.
- Zona 15: Becerreá e As Nogais.
- Zona 16: Cervantes e Pedrafita do Cebreiro.
- Zona 17: Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín e Palas de Rei.
- Zona 18: O Páramo, Paradela e Sarria.
- Zona 19: O Incio, Triacastela e Samos.
- Zona 20: Taboada e O Saviñao.
- Zona 21: Chantada e Carballedo.
- Zona 22: Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.
- Zona 23: Bóveda, Pobra do Brollón e Monforte de Lemos.
- Zona 24: Pantón e Sober.