Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo
Infraestruturas

O Presidente cumpre o compromiso con Pantón firmando un protocolo co Concello para construír o centro de maiores

Residencias
maiores
Pantón
O Presidente da Deputación de Lugo cumpre o compromiso con Pantón firmando un protocolo co Concello para construír o centro de maiores
O acordo asinado hoxe demostra que na Deputación “cumprimos coa nosa palabra e que as manifestacións do PP poñendo en dúbida a nosa vontade de facer esta residencia eran mentiras e inventos”, subliñou José Tomé

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, cumpriu o compromiso adquirido con Pantón asinando este xoves co Concello un protocolo para a futura construción dun Centro de Atención a Maiores, un acordo de colaboración entre ambas institucións que se explicitará nun convenio que se asinará o vindeiro ano.

A sinatura do protocolo do Presidente co Alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, demostra, subliñou José Tomé, que na Deputación “cumprimos coa nosa palabra e que as manifestacións que fixo o Partido Popular sobre a residencia de Pantón, poñendo en dúbida a nosa vontade de construíla, eran mentiras e inventos, como xa lle dixemos no Pleno de agosto no que ratificamos o noso compromiso coas residencias previstas”.

Na actualidade, a Rede de Protección Social da Deputación, integrada polos centros de maiores e os servizos de teleasistencia domiciliaria e axuda no fogar, mantén uns 300 postos de traballo. Os Orzamentos de 2020 reservan unha partida de 30M€ para políticas sociais, dos que 9M€ irán destinados ao funcionamento das residencias de Pol, Trabada e Ribadeo, e para a apertura das da Fonsagrada, Castroverde e Pedrafita do Cebreiro, así como para avanzar no equipamento das de Meira e Ribas de Sil.