Deputación de Lugo
Medio ambiente

A Deputación apoia a organización do I Congreso Nacional de Artes de Pesca en Burela

pesca
Burela
Pablo Rivera Capón

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, participou este mércores na inauguración do I Congreso Nacional de Artes de Pesca, organizado pola Fundación Expomar. Na súa intervención, Rivera destacou que o Goberno provincial apoia con 10.000€ esta iniciativa porque valora moi positivamente estas accións, sendo consciente da importancia que ten “o mar como sector produtivo nesta comarca, na da Mariña, e que xera entre 5.000 e 6.000 empregos na zona”. 

O Deputado de Promoción Económica lembrou que a semana pasada remataron 4 accións formativas promovidas pola Deputación dirixidas a formar redeiras en Burela. “Uns cursos que precisamente serviron para aprender como traballar para as diferentes artes de pesca e contribuír a que non se perdan todos estes coñecementos, nun sector que sofre a falta de relevo xeracional”.