Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación reafirma o seu compromiso con FADEMGA a través dun convenio de colaboración

José Tomé Roca
FADEMGA
Firma convenio

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o representante da entidade da Federación Galega de Asociacións a favor das persoas con discapacidade intelectual e o desenvolvemento, Eladio Fernández Pérez, asinaron un convenio de colaboración de 2.500 euros para o financiamento dos gastos derivados no servizo de orientación laboral. Este encontro enmárcase na ampla axenda de reunións con entidades e colectivos lucenses coas que Tomé Roca continúa pulsando as necesidades da provincia.