Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación súmase aos actos do Día do Alzheimer alumeando a súa fachada de cor morada

Día Mundial do Alzheimer
afalu
Mesa polo Día Mundial do Alzheimer

A Deputación de Lugo súmase aos actos co motivo do Día Mundial do Alzheimer, que se celebra mañá, 21 de setembro. A fachada do edificio provincial alumearase toda a noite de cor morada, promovendo así a visibilidade desta enfermidade. 

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, visitaron este venres a mesa informativa e de sensibilización con motivo do día mundial do alzheimer, que estivo situada na Praza de San Marcos.

A Deputación colabora coa Asociación de Familiares e Enfermos de Alzheimer de Lugo (AFALU) cunha achega económica de 13.000 euros, para axudar na atención dos pacientes e da súa familia.