A Deputación destina 51.000 euros ao equipamento das instalacións para dependentes asistidos en Monterroso
A Xunta de Goberno aprobou este venres destinar 51.000 euros ao equipamento das instalacións para dependentes asistidos, que habilitou a Deputación en Monterroso. Trátase dun servizo que se poderá ofrecer a 6 veciños no inmoble anexo á residencia e centro de día desta localidade, que rehabilitou o organismo provincial, unha vez que a Xunta conceda a autorización correspondente.