Comezan as obras de renovación do xardín do Museo Provincial de Lugo, que permanecerá pechado ao público
Lugo, 22 de novembro de 2026.- Este luns comezaron as obras de mellora do xardín do Museo Provincial de Lugo, que se manterá pechado ao público mentras se desenvolven os traballos, dirixidos a renovar este espazo verde e potenciar o seu uso expositivo e de lecer.
O proxecto contempla un novo axardinamento dos espazos verdes, a renovación da iluminación e a reorganización das pezas expostas, coa instalación de sinálectica e paneis informativos que destaquen o interese das obras escultóricas e dos elementos patrimoniais ubicados neste espazo.
A actuación inclúe tamén unha intervención no claustro, onde está prevista a renovación do céspe e a reparación tanto das zonas empedradas como do muro exterior do pozo