Axenda Institucional
Deputación de Lugo

A Presidenta reúnese co Cónsul de Portugal en Galicia para afianzar a colaboración institucional

Portugal

A Presidenta da Deputación, Carmela López, recibiu na mañá de hoxe ao Cónsul Xeral de Portugal en Galicia, João Bezerra da Silva, co que mantivo unha reunión de traballo, co obxectivo de afianzar lazos e reforzar a colaboración entre ambas institucións.

Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional.

Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.

Consul