Deputación de Lugo

Arranca en Lugo o evento que reúne esta fin de semana a centos de afeccionados aos xogos de estratexia co apoio da Deputación

pazo de feiras

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, e o xerente do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, Rubén López, participaron na inauguración da terceira edición de La Voz Open, que durante esta fin de semana reunirá nas instalacións lucenses a centos de afeccionados dos xogos de estratexia. O evento está organizado pola empresa lucense Bandua Wargames, en colaboración co podcast especializado La Voz de Horus, e conta co apoio da institución provincial que achega 5.000 euros para a organización do evento. 

Miguel Fernández felicitou aos organizadores “pola dimensión dun evento que sitúa a Lugo como sede de referencia deste tipo de competicións, á altura doutras cidades que acollen eventos de relevancia internacional no sector, como París, Portland ou Nova Jersey”. Ademais, destacou Fernández que este torneo supón un importante revulsivo económico e turístico para a cidade e a provincia, porque “máis do 80% das persoas asistentes proceden de fóra de Lugo”.