Deputación de Lugo

Tradición, gastronomía e música danse cita en Samos coa XXVI Feira de Artesanía que apoia a Deputación

O Deputado de Participación Cidadá, Iván Castro, participou este sábado no Campo da Feira de Samos na XXVI Feira de Produtos Artesanais, unha cita que conta co apoio da Deputación. O evento, organizado pola Asociación de Comerciantes e Artesáns de Samos, reuniu numerosos postos de artesanía e produtos gastronómicos e ofreceu demostracións de oficios tradicionais, talleres, actuacións de música e actividades para todos os públicos. A programación incluíu tamén o pregón inaugural, a cargo do escritor e xornalista Valentín Carrera González e propostas para os máis pequenos.