Deputación de Lugo

A Deputación formaliza a sinatura do convenio do Arde Lucus garantido a colaboración co Concello de Lugo

arde lucus

A Deputación de Lugo formalizou este venres a sinatura do convenio de colaboración co Concello de Lugo para contribuír ao financiamento do Arde Lucus 2026, unha das citas culturais e turísticas máis importantes da provincia.

A institución provincial destina 50.000 euros a este evento, reafirmando así o seu compromiso coa promoción das iniciativas que contribúen á dinamización económica, cultural e turística do territorio.

A sinatura do convenio realizouse no Pazo de San Marcos coincidindo cun encontro institucional solicitado polo Concello de Lugo no marco da rolda de reunións que a Presidencia da Deputación está a manter cos alcaldes e alcaldesas da provincia para coñecer as súas demandas e reforzar a cooperación entre administracións.

A formalización do acordo produciuse apenas unhas horas despois da súa aprobación en Xunta de Goberno, permitindo garantir a colaboración económica da Deputación cun evento que xa se está a celebrar na cidade.