A Deputación valora o esforzo de Alcer Lugo por mellorar a calidade de vida dos seus usuarios e usuarias
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, visitou este mércores a mesa informativa e de cuestación que instalou na Praza de San Marcos a Asociación para a Loita contra as Enfermidades Renais de Lugo (Alcer Lugo). Pablo Rivera recordou que a institución provincial mantén unha estreita colaboración con este colectivo que leva máis de 45 anos ofrecendo asesoramento e atención para mellorar a calidade de vida das persoas que padecen estas doenzas. Nese sentido, avanzou que “achegamos 6.000€ porque somos conscientes de que as administracións públicas deben estar ao carón de entidades coma esta”.