Deputación de Lugo

A Deputación súmase ao 182 aniversario da fundación do corpo da Garda Civil

Garda Civil
Pablo Rivera Capón

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este xoves nos actos conmemorativos do 182 aniversario da fundación do corpo da Garda Civil que se celebraron na Comandancia da benemérita en Lugo. A cita comezou coa lectura de Decretos Fundacionais da Garda Civil e, posteriormente, realizouse a entrega de condecoracións e diplomas. A este acto, no que interveu o xefe da Comandancia da Garda Civil en Lugo, o coronel Luis Germán Avilés Cabrera, tamén asistiu a Subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López Rodríguez, entre outras autoridades políticas e militares.