A Deputación acompaña ao piloto Xosé Alonso Liste na presentación da tempada que patrocina con 3.000€
A Deputación de Lugo reafirma un ano máis o apoio ao piloto lucense Xosé Alonso Liste, que conta co patrocinio de 3.000€ da institución provincial para a súa participación no Campionato de Europa de Montaña. A tempada da competición internacional arrincará o 25 e 26 en Austria coa clásica Rechberg Hill Climb e finalizará o 19 e 20 de setembro en Croacia, cun total de 10 probas en 10 países.
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu este xoves no CIFP As Mercedes á presentación do vehículo co que competirá o piloto nesta nova edición do campionato, que inclúe probas destacadas como a Subida Internacional ao Fito, que se celebrará os días 9 e 10 de maio, unha das citas máis emblemáticas do calendario. Rivera Capón puxo en valor o traballo e a traxectoria deportiva de Liste, subliñando que “é un orgullo para a provincia contar con deportistas que levan o nome de Lugo por toda Europa”, e destacou o compromiso da Deputación co impulso do talento lucense e coa promoción do deporte como motor de proxección exterior do territorio.