Cultura
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación celebra os Días Europeos da Artesanía, con demostracións de coiro, cerámica e tear do 9  ao 12 de abril na Capela de Santa María

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
DÍAS EUROPEOS ARTESANÍA
artesanía

A Vicepresidencia da Deputación súmase á celebración dos Días Europeos da Artesanía cun programa de demostracións participativas que se realizarán do xoves 9 ao domingo 12 de abril na Capela de Santa María, en Lugo.

As persoas asistentes poderán coñecer de primeira man e experimentar cos materiais e técnicas de artesás de cerámica, coiro e tear.  As actividades desenvolveranse en horario de mañá -de 11.00 a 14.00 horas – e tarde -de 17.30 a 19.30 horas – con asistencia libre e gratuíta.

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro e a deputada de Cultura Iria Castro, acompañadas por Iria Buide, concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, e Álex Penas, concelleiro de Infraestrutura, presentaron o programa das xornadas, que buscan achegar o traballo artesán ao público en xeral.

Ademais das demostracións participativas, as persoas que se achegue á Capela poderán ver un amplo mostrario de ferramentas e de pezas elaboradas polas artesáns participantes.

Obradoiros e demostracións.

 Mercedes Buján de “Bolboretas de coiro”
• Demostración participativa na que os asistentes poderán participar na elaboración dunha flor feita en coiro e levala como agasallo.

Inmaculada Díaz Cabado de “ La bellota mágica”
• Demostración participativa nas que os asistentes poderán modelar unha peza coas súas mans

Lourdes Otero de “Fusaiola”  
• Demostración de montaxe de tear de alto e baixo lizo
• As persoas asistentes poderán sentarse fronte ao tear e tecer uns centímetros guiadas pola artesá.

MªJosefa Sánchez Castedo de “Ceniza de papel”
• Demostración participativa na que as persoas asistentes poderán crear unha peza no torno e decorala utilizando diferentes técnicas

Sonia Argiz de “Mimacuir”
  • Demostración participativa na que as persoas participantes poderán facer unha pequena peza de coiro

Días Europeos da Artesanía

Os Días Europeos da Artesanía, que teñen a súa orixe en Francia, celébranse simultaneamente nunha vintena de países europeos que se foron sumando á convocatoria desde 2002. En España, a convocatoria está promovida pola Organización de Artesáns de España Oficio y Arte,  a Escola de Organización Industrial e Fundesarte.

As xornadas, que buscan achegar o traballo artesán ao público xeral, organízanse este ano baixo o lema  “Cœurs à l’ouvrage” ou “Co corazón no ofico”, que pon o foco o traballo colectivo, as redes locais e a artesanía como parte activa da vida cultural e económica.