Deputación de Lugo
Economía
Turismo

A Deputación colabora coa Ruta BTT San Simón da Costa, que percorrerá o 4 de abril os concellos de Vilalba, Muras e Xermade

Pablo Rivera Capón
San Simón da Costa
Vilalba
Muras
Xermade
O Deputado de Promoción Económica e Social destacou en Vilalba que esta cita é un exemplo “para fomentar o deporte, dinamizar o territorio e promover un modelo de turismo sostible vinculado á natureza e á identidade da provincia”

A institución provincial achega 3.000€ á proba, que contará con catro distancias e diferentes niveis-curta, media, longa e gravel- e as inscricións estarán abertas ata o 30 de marzo na web de CCNorte

A Deputación de Lugo colabora un ano máis coa organización da Ruta BTT San Simón da Costa, unha proba deportiva que terá lugar o vindeiro 4 de abril e discorrerá polos concellos de Vilalba, Muras e Xermade. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, participou este luns no Salón de Actos do Concello de Vilalba na presentación da cita, xunto á Alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco; o Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas; o Alcalde de Muras, Manuel Requeixo; e o organizador da proba e presidente do Club Ciclista Terra Chá, José Carreira.

Na súa intervención, Pablo Rivera puxo en valor este tipo de iniciativas que combinan deporte, natureza e promoción do territorio, destacando que a Ruta BTT San Simón da Costa “é un claro exemplo para fomentar o deporte, dinamizar o territorio e promover un modelo de turismo sostible vinculado á natureza e á identidade da provincia”. Subliñou ademais a importancia deste tipo de eventos, “que contribúen a atraer visitantes, xerar actividade económica e promover hábitos saudables, ao tempo que permiten dar a coñecer os recursos naturais e patrimoniais da comarca”. 

A institución provincial achega 3.000 euros para a organización desta proba, que contará con catro distancias adaptadas a distintos niveis de dificultade co obxectivo de favorecer unha ampla participación. A ruta curta terá 45 quilómetros e 700 metros de desnivel positivo; a media, 65 quilómetros e 1.700 metros de desnivel; a longa, 75 quilómetros e 2.000 metros de desnivel positivo; e a modalidade gravel, 70 quilómetros e 1.600 metros de desnivel positivo. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata o vindeiro 30 de marzo a través da páxina web de CCNorte, na seguinte ligazón: https://ccnorte.com/evento/detalle/id/3224/x-ruta-btt-terra-cha-do-queixo-san-simon-da-costa#. 

O Deputado de Promoción Económica e Social subliñou o feito de que os diferentes percorridos teñan saída desde a capital chairega, coincidindo coa celebración da feira do Queixo de San Simón da Costa. “Se hai algo que define esta terra, é a súa excelencia gastronómica, e o Queixo de San Simón da Costa, xunto co Capón de Vilalba, son dous dos seus grandes emblemas, que levan o nome de Vilalba con orgullo.