Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo presenta na poxa de Becerreá 3 xovencas da Granxa Gayoso Castro

POXA
granxa gayoso castro
O Deputado de Participación Cidadá asistiu ao mediodía á cita, na que os animais das instalacións provinciais se venderon a un prezo medio de 3.570€

O Deputado de Participación cidadá, Iván Castro Díaz, asistiu este xoves á poxa de xovencas celebrada en Becerreá, á que a Deputación de Lugo presentou 3 animais do centro de recría da Granxa Gayoso Castro. As reses de raza autóctona das instalacións provinciais vendéronse a un prezo medio de 3.570€.

Xunto ao Deputado, acudiu o presidente da Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega (ACRUGA), César Dorado Pin, e outras autoridades. 

A Granxa Gayoso Castro é un referente da actividade agrogandeira na provincia de Lugo a través da formación e a investigación que impulsa a Deputación de Lugo da man da Universidade de Santiago de Compostela (USC). As instalacións provinciais, situadas en Castro de Rei, acollen unha importante labor de apoio á recría de Rubia Galega en colaboración con ACRUGA e co primeiro centro de iniciativa pública creado en España para a recría de gando vacún de leite.